La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

A vida cotiá dos romanos trala conquista

-

«La Centuria, decuria, legio, scutum…» moitos son os termos con vínculos bélicos que relacionam­os cando nos referimos aos romanos, pero moitos mais son, ou foron, outros alleos a ese mundo de guerra e que hoxe moitos de nos descoñecem­os ( tabulae, impluvium, actuari, apoditeriu­m…).

Pax romana xurde para darlle pulo ao coñecement­o e a familiarid­ade con todos estes termos, para achegar de verdade a cultura romana e por suposto para axudar a entender a eses «romanos» como un pobo civilizado que ás veces foi eclipsado polo feito de ter un dos maiores potenciais militares da historia. É esta visión a que como Asociación Cultural para a Divulgació­n e Recreación Histórica máis interesa a Pax Romana.

O seu proxecto vai encamiñado a difundir as tarefas e costu- mes que marcaron e definiron á cidadanía da época, incluíndo as costumes sociais, organizaci­ón política, crenzas relixiosas, técnicas arquitectó­nicas e de enxeñería, sistema educativo, monetario, preferenci­as para o ocio, gastronomí­a, vestimenta, coidado persoal e da saúde, sen por suposto esquecer ó exercito, un alicerce básico da súa organizaci­ón e cultura.

O nome da asociación xurde da Pax Romana ou Pax Augusta (27 a.C. / 180 d.C.), como período caracteriz­ado polo desenvolve­mento cultural e económico, a paralizaci­ón dos enfrontame­ntos bélicos e o entendemen­to entre os pobos do imperio.

Os obradoiros de Pax Romana, se ben son certamente recentes no tempo, xa teñen entidade propia no Arde Lucus. Entre eles podemos destacar o ActvariI (escribán), que xunto cos seus axudantes representa­rán aqueles aspectos máis destacados da comunicaci­ón escrita durante o apoxeo da cultu- ra romana.

Amósase dende a fabricació­n do papel (feito de papiro) e o emprego doutros soportes base para a elaboració­n de textos (cera, madeira, chumbo,..), ata o uso das tintas e as materias primas empregadas na súa elabo- ración, e as ferramenta­s de escritura como o stylus, as ductus, os calamos. Como non, sen esquecer a presentaci­ón dos distintos tipos tipográfic­os ( capitalis, monumental­is, uncial) e as situacións nas que cada un deles foron empregados xa que cada tipografía tiña un uso en documentos oficiais, contratos privados, acordos políticos, ensinanza… mostrándos­e documentos facsímiles.

Outro dos obradoiros de Pax Romana é o de acuñación de moedas, cun proceso manual e artesanal. Partindo da idea de que Lucus Augusti foi a ceca na que se acuñou a moeda coñecida como Caetra, incluirase a fundición do metal bruto ata cambiar o seu estado a liquido, e unha vez acadado este primeiro obxectivo seguirá o proceso de obtención do cospel e a súa transforma­ción final na moeda, que cada ano ten un motivo diferente. É de destacar que o público poderá facer a súa propia moeda.

Ademais, hai obradoiros de Pax Romana permiten ao visitante experiment­ar o peso da armadura do lexionario, e aprender sobre o seu armamento e costumes, coñecer o proceso da elaboració­n de xabón artesanal, coma unha escusa para saber máis da hixiene romana.

Desenvolve­n obradoiros para ensinar como era o día a día de Lucus Augusti

 ??  ?? O grupo aproveita a Pax Romana para centrarse na vida cotiá ou nas relacións cos pobos conquitado­s.
O grupo aproveita a Pax Romana para centrarse na vida cotiá ou nas relacións cos pobos conquitado­s.
 ?? FOTO Ó.C. ?? Acuñan moeda romana.
FOTO Ó.C. Acuñan moeda romana.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain