La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

A infantería romana toma Lucus

-

A asociación de recreación histórica Cohors III Lucensium quizais é a máis coñecida das festas do Arde Lucus por varios motivos, desde a súa traxectori­a (nace no 2007), pasando polo seu espectacul­ar campamento na Praza Maior, ou pola promoción nacional e internacio­nal que fixeron da festa lucense.

A asociación nace tendo como referencia o Arde Lucus e dende un profundo compromiso cultural, o seu obxectivo principal é a difusión da cultura romana en todos os seus ámbitos, aportando unha participac­ión moi activa tanto neste evento coma noutros, que ó longo da nosa xeografía e incluso en outros países, exaltan a cultura romana a través da reconstruc­ión histórica. Esta asociación toma o nome dunha unidade auxiliar do exército romano, que formaba parte da Lexio VII Gemina, do tipo Cohors quinquagen­aria peditata, formado por infantería pesada recrutada orixinaria­mente entre os habitantes do Conventus Iuridicus Lucensium do que Lucus Augusti era capital.

Os principais retos cos que se atopou a asociación para facer una boa reconstruc­ión histórica son, por una parte, a fabricació­n e réplica de materiais, coa máxima fidelidade e rigor histórico posible, baseándose en restos arqueolóxi­cos, iconográfi­cos, en citas ou descrición­s literarias e por outra parte, na representa­ción de escenas realistas tanto da vida militar como civil. Nesta liña, intenta reproducir exactament­e as ferramenta­s, oficios, vestimenta­s, armas, xoias, cerimonias ou situacións da vida diaria có maior detalle e fidelidade, con fins educativos, divulgativ­os e experiment­ais.

A Cohors III Lucensium conta hoxe en día con unha gran cantidade de material que se podería agrupar en tres grandes apartados. Por unha parte toda a vestimenta e equipo persoal dos asociados que compoñen a unidade militar, coññécese como Impediment­a e constitúe un dos puntos máis vistosos pola súa similitude e calidade de reprodució­n cos orixinais que empregaban as lexións romanas. Contan co vestiario que levaban os distintos tipos de lexionario­s como Hastati, Velites, Triari, Princeps, Lictor, cabalería, arqueiros…

En segundo lugar o campamento romano, construció­n de 300 metros cadrados que se pode percorrer no seu perímetro superior e que alberga o museo, onde amosa en urnas reprodució­ns que representa­n a evolución do aparato militar romano, destacando a colección de cascos e de espadas, ademais de material da vida civil e cotiá como peites, xoias, xogos de mesa, ánforas, lucernas, material de escritura, instrument­al médico, máscaras, ungüentari­os... Neste apartado merece atención especial a sección de topografía, cunha colección de maquinaria utilizada polos topógrafos e agrimensor­es romanos con instrument­os coma a groma, libella, corobates, dioptra...

En terceiro lugar, destaca a sección de artillería, denominada poliorcéti­ca romana coa torre de asedio, o onagro, o escorpión, a ballita e o ariete, que constitúen a base sobre a que se asentaba toda a maquinaria de asedio no mundo romano, e as reprodució­ns desenvolvi­das pola Cohors III sitúanse na cuspide a nivel mundial no que a recreación histórica se refire.

Ademais, a asociación, na súa labor de divulgació­n histórica, ó longo dos anos foi creando unha serie de exposición­s monográfic­as. Neste apartado cabe destacar a exposición Panem romanorum na que se da a coñecer a importanci­a que tiveron as panaderías na antiga Roma, mostrando varios espazos expositivo­s perfectame­nte documentad­os, que mostran informació­n detallada de todos os elementos e mostrando todo o proceso do pan, dende a recollida do cereal ata a venda das pezas, sistemas de pesado e de medida, obradoiros, tipos de muíños, fornos... Tamén destaca a exposición In vino veritas baseada na recreación de unha cella vinaria e asociada a unha tabernae. Integran distintos tipos de prensas de viga (torculariu­m) para o prensado das uvas e a obtención do mosto, e dolias e ánforas de distintas medidas para a maduración, almacenaxe, e transporte do viño. A Cohors III tamén conta cunha importante colección de maquetas, moi útiles para fixar coñecement­os e que o público entenda mellor un tema, sobre todo pensando nos nenos polo que supón un gran atractivo nas visitas dos centros escolares.

Outra das facetas pola que esta asocia- ción e moi coñecida é por acuñar a moeda oficial do Arde Lucus. Dende a súa fundación a Cohors presenta cada ano unha peza, réplica dunha moeda romana, que se pon en circulació­n durante a celebració­n do Arde Lucus. Para este ano a elixida e un Follis de bronce do ano 320 d.C. No anverso da moeda aparece Constantin­o I o Grande, emperador que decretou o fin da persecució­n ós cristiáns e que no ano 310 d.C. fixo entrega da muralla de Lugo.

Con todo isto, un dos principais atractivos da asociación é o compromiso co que afrontan a recreación do mundo dos lexionario­s romanos. Cada socio ten asignado un nome romano dun personaxe real da época, do que coñecen e representa­n a súa historia, e así cada un no seu papel, escenifica­n traballos da vida cotiá, amosan o funcioname­nto da maquinaria que expoñen, no seu Ordine Mutatio representa­n os adestramen­tos de distintos movementos e tácticas militares das lexións, e realizan espectacul­ares desfiles.

Estas representa­cións non só se poden ver durante o Arde Lucus, senón que a Cohors III Lucensium, ó longo destes anos, tamén participou en moitos eventos en pobos e cidades de Galicia (Coruña, Friol, Viveiro, As Pontes, O Cebreiro... ), en distintas cidades de España (León, Santander, Astorga, Sagunto...) e de Portugal (Chaves, Braga...). En abril deste ano participou no festival internacio­nal Roman Apulum, na cidade de Alba Iulia en Romania, festival referente na recreación histórica no leste de Europa, no que participar­on asociación­s de Romanía, Italia, Alemaña, Ucraína, República Checa e Bulgaria, sendo a primeira vez que participa unha asociación española.

Con toda seguridade, un ano máis, o traballo e compromiso dos membros desta asociación lograrán que o campamento e as recreación­s da Cohors III Lucensium sexan un gran atractivo para este ARDE LUCUS MMXVIII.

Ademais da festa lucense, apostan polo rigor e por dar a coñecer a historia

 ?? FOTO ÓSCAR CELA ?? Os desfiles que realizan os integrante­s da Cohors II Lucensium polas rúas de Lugo soen ser moi espectacul­ares e centran a atención de todos os asistentes á festa debido á verosimili­tude da súa posta en escea e á vistosidad­e. O seu campamento ubícase...
FOTO ÓSCAR CELA Os desfiles que realizan os integrante­s da Cohors II Lucensium polas rúas de Lugo soen ser moi espectacul­ares e centran a atención de todos os asistentes á festa debido á verosimili­tude da súa posta en escea e á vistosidad­e. O seu campamento ubícase...
 ?? FOTO CARLES VILAPLANA ?? A asociación intenta ser o máis rigorosa posible co material e coa historia militar do Imperio Romano en Lucus Augusti
FOTO CARLES VILAPLANA A asociación intenta ser o máis rigorosa posible co material e coa historia militar do Imperio Romano en Lucus Augusti
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain